Conferencias de Darío Xohán Cabana

Conferencia de Darío Xohán Cabana La traducció dels clàssics medievals italians i els trobadors occitans cap al gallec modern, en colaboración co Institut d’Estudis Medievals e coa Àrea de italià do Departament de Filogia Francesa i Romàniques de la UAB.

Conferencia de Darío Xohán Cabana L’obra de l’escriptor, traductor i acadèmic gallec Darío Xohán Cabana, en colaboración co Institut d’Estudis Medievals, coa Associació Col·legial d’Escriptors de Catalunya, co PEN Català, co Centro Galego de Barcelona e coa Àrea de italià do Departament de Filogia Francesa i Romàniques de la UAB.

Posted in Sen categorizar

Conferencia de Calros Solla

Carlos Solla Varela (Calros Solla) naceu en Pontevedra no ano 1971. É profesor de lingua galega, etnógrafo e escritor. Ao longo da década de 2000, colaborou no desenvolvemento dos proxectos culturais da Asociación Cultural e Ecoloxista “Verbo Xido” de Terra de Montes e do Grupo de Estudos Etnográficos “Serpe Bichoca”. É membro fundador do Instituto Galego de Estudos Celtas (IGEC).

Autor dos poemarios Xábregho (1999), Mel de arañas (2000), Terras raras (2001) -todos tres recollidos na antoloxía Ras e tritongos (2003)- e Pan prós crocodilos (2009). É autor así mesmo de Cerdedo in the Voyager I (2004) e Libro de reclamacións (2005), coleccións de poesía visual, e mais do libro de retrónicas reGaliza e outras chuches (2008). Foi merecente do Premio de Poesía Johán Carballeira (2010) polo poemario Lume de ollos en MazinGZ e do Premio de Poesía Victoriano Taibo (2011) polo poemario Holocausto zacoe.

O máis da súa obra poética espállase por revistas e libros colectivos, entre os que salientamos: X Festival da poesía no Condado (1990), Muller de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa (2000), Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia (2005), Poesía contemporánea: Tabeirós-Terra de Montes (2005), Pontevedra literaria (2007), Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero (2007), Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario (2007), Polos camiños de Cangas. 25 anos do certame de poesía María Soliño (2010), XXIV Festival da poesía no Condado (2010), Dairas (2011); Madrygal, Dorna, Verbo Xido, Fol de Veleno, Arraianos

No eido ensaístico escribiu: Cerdedo. Materiais para o estudo da freguesía de San Xoán de Cerdedo. Inventario xeral (2002), Cerdedo na obra do Padre Sarmento (2002), Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo (2005), Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica (2007), Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas (2008), Cantares de Manuela de Barro. Achegas ao cantigueiro de Cerdedo (2008), Carta arqueolóxica do concello de Cerdedo (2009), Andar primeiro de río. Inmateriais do río dos Gafos (2009), O vervo xido. A fala secreta dos canteiros de Cerdedo (2011) e O ano que chimpamos o cacique. Crónica do agrarismo en Cerdedo (2011).

É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmento (Cerdedo), de 2002, e Roteiro da Montaña Máxica (monte do Seixo), de 2006, inseridos no seu Proxecto Montaña Máxica, co que porfía, a carón da colección de ensaios «Cerdedo in the Voyager», na dignificación da terra cerdedense. Xunto co Grupo de Estudos Etnográficos «Serpe Bichoca» realizou o documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica (2009).

Ao seu labor investigador e creativo engádese a súa faceta de conferenciante no ámbito da mitoloxía popular e da defensa do patrimonio. Consignado no Dicionario de Escritores de Tabeirós-Terra de Montes (2004), é adoito colaborador da prensa escrita e da web Galicia Encantada. Mantén na internet os blogues O Embigo do Becho e Cerdedo in the Voyager.

 

Posted in Sen categorizar