Rematamos o ano… facendo amigos!!!

Hoxe recibimos a visita do Apalpador que viaxou acompañado do seu colega vasco o Olentzero. Ambos os dous decidiron xuntar aos alumnos de euskera e de galego para facer unha pequena festa de celebración do solsticio de inverno.

Ambos os dous carboeiros prepararon unha batería de preguntas sobre cultura galega e vasca para que os alumnos as respondan e poidan levar uns agasallos que traen nos seus sacos.

E han marchar despois da festa, veñen días de moito traballo, non sen antes tomar un pouco de sidra e de desexar que teñamos fartura e que así esteamos todo o ano.

 

Comments are closed.