Roberto Vidal Bolaño na Autònoma

Para pechar o ano decidimos sacar a dar unha volta polos corredores da facultade a Roberto Vidal Bolaño. Dez carteis editados pola Asociación Roberto Vidal Bolaño e pola Xunta de Galicia mostran dun xeito amable e didáctico a vida e a obra do dramaturgo de Vista Alegre. Estarán expostos ata o final do ano.

Esperemos que a Roberto lle agrade pasar un mes entre o balbordo dos estudantes que van para a cafetaría ou que argallan asembleas. Esperemos tamén que a figura do teatreiro galego sexa ben recibida pola comunidade universitaria. Habémosvos contar como foi a relación.