Diego Ameixeiras i Harkaitz Cano a la UAB

Dimarts 26 d’abril, a les 15.00 h. Sala Cinema, Plaça Cívica.

 Un any més, al voltant de la celebració de Sant Jordi, tenim l’oportunitat de descobrir l’actualitat de les literatures gallega i basca, tan properes i tan llunyanes. En aquesta ocasió es posaran en diàleg dos autors que pertanyen a la generació d’escriptors nascuts a la dècada dels 70 del segle XX i que es caracteritzen per obres de caire popular, contemporani i urbà. Aquests joves autors no només representen una renovació de les seves respectives literatures, sinó també una perspectiva més contemporània en la concepció de l’ofici d’escriptor. A més de l’obra narrativa o poètica, la condició polifacètica de treballadors de les lletres els ha portat a participar en projectes audiovisuals, de còmic o teatre. Han estat reconeguts dins i fora de les seves fronteres i es poden llegir en diverses llengües.

La conversa anirà més enllà de la literatura i les confluències o divergències entres les obres de tots dos autors; també es parlarà de la seva condició de creadors culturals en un món globalitzat i força mercantilitzat (des de la perspectiva de sistemes culturals no hegemònics), de com han afrontat la seva professionalització i de quines són les estratègies per viure de l’escriptura en un context subaltern.

Rivas e Atxaga na UAB

Na víspera de Sant Jordi aproveitamos a ocasión para facer difución da nosa literatura. Poñemos en contacto a dúas das figuras máis representativas do panorama literario galego e basco.

Dobre sesión:

Ademais da conversa que se desenvolverá na UAB, teremos unha segunda sesión na Biblioteca Esquerra de l’Eixample-Agustí Centelles ás 19 h.

Podedes ir seguindo a actualidade da actividade no noso facebook.

 

28 de outubro, Xabier Díaz ao vivo na UAB



Contar e cantar
. Pandeiretas/Adufes/Pandeiras

Un viatge comentat per la tradició musical gallega.

Aquest concert té com objectiu que el públic viatgi per la geografia sonora de Galícia acompanyat de les pells de cabres i ovelles (convertides en instruments): on es tocaven, qui els tocaven i quines eren les tècniques pròpies de cadascú d’aquests instruments membranòfons de percussió, com eren aquells balls, cercaviles o fiadas… Algunes anècdotes, i un repertori reflectit de forma crua, sense ornaments, passant pel sedàs el mapa que el mateix intèrpret va recórrer durant 15 anys de treballs de camp. Aquestes experiències el van portar a l’aprenentatge relacionat amb el folklore i els seus afluents, i a un altre que no té forma… que està clavat al cor.

Ailalelo!!

Xabier Díaz

Xabier DíazXabier Díaz és un dels músics més reconegut de Galícia. La seva faceta musical es complementa amb la investigació sobre el folklore gallec. La seva veu va estar present en nombroses formacions de renom com Berrogüetto, Rumbadeira o Nova Galega de Danza i en col·laboracions específiques amb artistes com Kepa Junkera, Fuxan os Ventos, Amancio Prada, Uxía…

Vídeos:

Xabier Díaz e Kepa Junkera

Muiñeira de Maruja das Cortellas

Alalá de Tatihou

Bon estiu

 

EstiuTentaremos mirar ao mar, descansar e coller forzas para comezar con moito ánimo en setembro un ilusionante novo curso.

Agardamos que vos dediquedes en corpo e alma á vida contemplativa. Lembrade que descansar aínda é gratis.

Bo verán!

 

 

 

 

Rematamos o ano… facendo amigos!!!

Hoxe recibimos a visita do Apalpador que viaxou acompañado do seu colega vasco o Olentzero. Ambos os dous decidiron xuntar aos alumnos de euskera e de galego para facer unha pequena festa de celebración do solsticio de inverno.

Ambos os dous carboeiros prepararon unha batería de preguntas sobre cultura galega e vasca para que os alumnos as respondan e poidan levar uns agasallos que traen nos seus sacos.

E han marchar despois da festa, veñen días de moito traballo, non sen antes tomar un pouco de sidra e de desexar que teñamos fartura e que así esteamos todo o ano.

 

Roberto Vidal Bolaño na Autònoma

Para pechar o ano decidimos sacar a dar unha volta polos corredores da facultade a Roberto Vidal Bolaño. Dez carteis editados pola Asociación Roberto Vidal Bolaño e pola Xunta de Galicia mostran dun xeito amable e didáctico a vida e a obra do dramaturgo de Vista Alegre. Estarán expostos ata o final do ano.

Esperemos que a Roberto lle agrade pasar un mes entre o balbordo dos estudantes que van para a cafetaría ou que argallan asembleas. Esperemos tamén que a figura do teatreiro galego sexa ben recibida pola comunidade universitaria. Habémosvos contar como foi a relación.

Estivemos de Festa!

 

O pasado xoves día 7 de novembro, día da Festa Major da Autònoma, tamén fixemos festa e aproveitamos para difundir as actividades do lectorado e, sobre todo, para darnos a coñecer á comunidade universitaria.

Nunha estrutura tan grande como a UAB é difícil visibilizar o traballo ou mesmo a existencia dunha área composta por 2 persoas. As ferramentas tradicionais de comunicación e mais a presenza en redes sociais non garanten un impacto inmediato nin unha difusión masiva e personalizada.

Sendo moi conscientes das limitacións comunicativas do lectorado e da grande cantidade de público obxectivo decidimos artellar unha acción “de impacto” que nos dese a coñecer e que puidese ser unha boa ferramenta para a captación de novo alumnado.

Dentro dos actos da Festa Major da Autònoma organizouse unha Fira dÉntitats onde diferentes colectivos se podían difundir os seu traballo. A feira consistía nuns stands onde cada colectivo se daba a coñecer e realizaba actividades de dinamización.

Gallec a la FMA nosa actividade consistía en responder a unha pregunta sobre a cultura galega, se a resposta era correcta o participante recibía un pequeno agasallo (material de difusión de campañas da SXPL) e se conseguía responder a dúas preguntas correctamente o premio era maior (un cd promocional de música galega editado pola AGADIC). Ademais todos os que se achegaron a nós recibiron un folleto con información dos estudos galegos na UAB (descrición das materias, información de contacto, período de matriculación etc…).

Fomos quen de atender persoalmente arredor de 250 persoas nun espazo de tempo de 4 horas, o que supón que estivemos como mínimo un minuto con cada un, tempo abondo para poder explicarlles en que consiste o noso traballo e para tentar crear unha mínima empatía.

O resultado foi moi positivo e superou as expectativas que tiñamos a priori. Decatámonos de que hai unha gran cantidade de galegos traballando na UAB que non nos coñecían (nós a eles tampouco), que existe un alumnado de orixe galega tamén numeroso e que espertamos unha certa curiosidade e mesmo afinidade en moitos casos. Tamén puidemos darnos de conta de que a cultura galega é unha gran descoñecida, que hai moito traballo de difusión por facer e que saír do gabinete e andar pola rúa e falar coa xente dá moita información e moito ánimo tamén.

Unha mostra do acontecido: